O NOVO LANGOSTEIRA

Andar ás crebas é recoller obxectos que a marea trae ás praias e ás ribeiras para reinventalos, reutilizalos. Son pequenos tesouros, aparentemente inservibles,  aos que darlle unha segunda oportunidade.

Con eses pequenos tesouros foi que compuxemos esta nova casa, un hotel familiar que, ainda que con 30 anos de historia, reinaugúrase no 2015.

O deseñador, Pancho Lapeña, creou e traballou a fermosa  idea de usar esas crebas de mar e de terra,  que  recolectadas en moi diversos lugares,  conforman e inspiran toda esta atmosfera con arrecendo a salitre.

O Hotel Langosteira atópase ao pé do Camiño, a un paso do centro da vila de Fisterra; olla á praia que lle dá nome, ao mar e ao Sol que sae por detrás do Monte Pindo.

Rosalía, Paulina e todo o persoal poñen toda a súa dedicación e están encantadas de ofrecerlles a axuda e a información que precisen  para que disfruten da súa estadía no hotel e na Costa da Morte.

24-09-2017
25-09-2017